Xornada 1 do Cto. de España de Natación Alevín de Verán

20180720_nat_cto_esp_pablo_cabana

Unha medalla de ouro e dúas Mellores Marcas Galegas na primeira xornada do VI Campionato de España de Natación Alevín de Verán que se disputa en Sabadell (Can LLong) do 19 ó 22 de xullo de 2018.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas proclamouse Campión de España en 1500 libre (14 anos) con 16:48.52, establecendo unha nova MMG de 14 anos. Tamén bateu a de 800 libre, no pase, con 8:53.57.

Outra nadadora destacada nesta primeira xornada foi Alicia Bouzas Pedrira do C. N. Galaico, cuarta en 800 libre (13 anos) con 9:35.43.

Acceso á web do campionato.

Xornada 1 do Cto. Galego de Natación Absoluto, Júnior e Infantil de Verán

20180719_nat_campion_liga_infa

Tres mellores marcas na primeira das catro xornadas do Cto. Galego de Natación Absoluto Júnior e Infantil de Verán que se está a celebrar en Pontevedra na piscina Rías do Sur do 19 ao 22 de xullo de 2018.

Mellores Marcas batidas

  • Martín Vazquez López do C. N. Portamiñá MMG 15 anos en 50 costas con 29.35 (primeira posta de remuda).
  • Pablo Galán Vicente do C. del Mar MMG 16 anos en 1500 libre con 15:56.50 batendo tamén a mellor marca no pase de 800 libre cun tempo de 8:30.38.

Nesta xornada fíxose entrega ao C. N. Ferrol do trofeo ao clube campión da liga galega de natación infantil da tempada 2017/18.

Clasificacións do Campionato Absoluto:

Feminina:

1. C. N. GALAICO 115.
2. C. N. LICEO 96.
3. C. N. FERROL 61.

Masculina:

1. C. N. GALAICO 81.
2. CLUB DEL MAR 80.
3. C. N. PABELLON OURENSE 77.

Total:

1. C. N. GALAICO 196.
2. C. N. LICEO 148.
3. C. N. PABELLON OURENSE 131.

Clasificacións do Campionato Junior:

Feminina:

1. C. N. GALAICO 84.
2. C. N. PORTAMIÑA LUGO 70.
3. C. N. LICEO 51.

Masculina:

1. CLUB DEL MAR 92.
2. C. N. CORUÑA 84.
3. C. N. LICEO 75.

Total:

1. C. N. GALAICO 139.
2. C. N. LICEO 126.
3. R. C. N. VIGO 112.

Clasificacións do Campionato Infantil:

Feminina:

1. C. N. LICEO 115.
2. C. N. PONTEAREAS 73.
3. C. N. PABELLON OURENSE 70.

Masculina:

1. C. N. LICEO 89.
2. CLUB DEL MAR 74.
3. A. D. FOGAR 58.

Total:

1. C. N. LICEO 204.
2. C. N. PABELLON OURENSE 123.
3. CLUB DEL MAR 117.

Ler máis.

Xornada 5 do Cto. España de Natación Absoluto e Júnior de Verán

De novo, varias finais na derradeira xornada do Campionato de España de Natación Absoluto OPEN e Júnior de Verán celebrado en Mairena del Aljarafe.

Caroline Oister Luque do RCN Vigo acadou o posto 13 en 100 bolboreta absoluta con 1:03.95.

Alexander Armstrong Posada do RCN Vigo foi 5º en 100 bolboreta júnior (17 anos) con 57.73.

Miguel Martínez Novoa do RCN Vigo foi 8º en 100 bolboreta júnior (18 anos) con 57.69 e 8º tamén en 200 estilos con 2:13.19.

Tania Romero Regueiro do CN Portamiñá foi 8ª en 100 bolboreta júnior (17 anos) con 1:05.51.

Marco Guiotto Sánchez do C del Mar foi 7º en 200 estilos júnior (17 anos) con 2:13.84.

Nas remudas 4X100 estilos masculino júnior, o RCN Vigo foi noveno, o C del Mar 11º e o CN Pabellón Ourense 14º.

Acceso á web do campionato.

VI Campionato de España de Natación Artística Alevín-Júnior

20180716_art_cto_esp_alev_juni_ver_cartel

Rematou o VI Campionato de España de Natación Artística Alevín-Júnor de Primeira División disputado na piscina Rosario Dueñas de Ourense.

Na derradeira xornada, na que quedaba parte da competición júnior, o RCN Vigo acadou o 9º posto final na clasificación por clubes, co C Sincro Ourense no posto 11, C Sincro Ferrol no 14 e C Sincro Pontevedra no 17.

Destaca, na rutina libre de equipo, o sétimo posto do C Sincro Ourense o e o décimo posto do RCN Vigo.

Acceso á web do campoionato.

Xornada 4 do Cto España Absoluto e Júnior de Verán

20180715_nat_cto_esp_abso_juni_cartel

Varios nadadores acadaron as finais na cuarta xornada do Cto. España de Natación Absoluto OPEN e Júnior de Verán que se está a celebrar en Mairena del Aljarafe (Sevilla) do 11ao 15 de xullo de 2018:

Manuel Davila Lustres do CN Riveira acadou o posto 16 en 400 libre absoluto con 4:02.41.

Alba Gómez Mesías do CN Arteixo e bolseira do CGTD acadou o posto 11 en 200 braza absoluto con 2:39.44.

Alexandre Armstrong Posada do RCN Vigo foi cuarto en 200 costas júnior (17 anos) con 2:08.42.

Xabier Carneiro Viqueira do C del Mar e bolseiro do CGTD foi noveno en 200 costas júnior (18 anos) con 2:12.13.

Marco Guiotto Sánchez do C del Mar acadou o posto 11 en 200 braza júnior (17 anos) con 2:29.98.

Acceso á web do campionato.

VI Campionato de España Alevín-Júnior de Natación Artística

Continúa en Ourense a disputa do VI Campionato de España Alevín-Júnior de Natación Artística de verán. Xa rematada a competición alevín, o C Galaico Sincro acadou o noveno posto da clasificación por clubes e o C Sincro Ourense, o posto 13 de entre os 16 mellores clubes de España.

As nadadoras dos dous clubes demostraron un gran nivel en todas as modalidades, destacando o 8º posto do equipo do C Galaico Sincro e o 12º de C Sincro Ourense. En combo, o C Sincro Ourense foi 11º e o Galaico Sincro 13º. Tamén, o dúo do C Galaico Sincro foi 9º.

Na categoría júnior, destaca o 6º posto do C Sincro Ourense en combo e o RCN Vigo 10º.

Acceso á web do campoionato.

Xornada 3 do Cto. España Absoluto e Júnior de Verán

20180714_nat_david_glez_garcia_e_marcos_garcia_garay

Dúas medallas en categoría júnior na terceira xornada do Campionato de España que se disputa en Sevilla.

David González García do C. N. Pabellón Ourense foi segundo en 100 braza júnior (18 anos) con 1:05.16.

Marcos garía Garay do C. del Mar e bolseiro do CGTD foi terceiro en 200 bolboreta júnior (17 anos) con 2:05.89.

Outros nadadores que acadaron postos de finalista foron:

Marco Guiotto Sánchez do C del Mar cuarto en 1500 libre júnior (17 anos) con 16:23.44.

Manuel Simón Cotelo do C. N. Liceo, oitavo en 1500 libre júnior (17 anos) con 16:44.75.

Xabier Carneiro Viqueira do C. del Mar e bolseiro do CGTD, cuarto en 1500 libre júnior (18 anos) con 16:11.47.

Gaspar Andrade Budiño do C. N. Arzúa e bolseiro do CGTD acadou o posto 11 en 1500 libre absoluto con 15:48.16.

Sergio Campos Varela do C. N. Coruña, foi oitavo en 100 libre absoluto con 51.39.

Caroline Oister Luque do Real C. Náutico de Vigo, acadou o posto 13 en 200 bolboreta absoluta con 2:20.06.

Miguel Martínez Novoa do C. Náutico de Vigo foi quinto en 200 bolboreta júnior (18 anos) con 2:06.69.

Acceso á web do campionato.

Carla Goyanes, subcampioa de Europa de Augas Abertas Júnior

20180714_aua_carla_goyanes_podio

A nadadora Carla Goyanes García do C. N. Galaico e bolseira do CGTD proclamouse en Malta subcampioa de Europa de Augas Abertas Júnior-1 na distancia de 7,5 Km.

Os outros nadadores galegos tamén acadaron resultados moi destacados:

Alexandre Lages Brión do C. N. Riveira e bolseiro do CGTD foi quinto (primeiro español) en 7,5 Km.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas foi noveno primeiro español) en 5 Km infantil.

Andrea Domínguez Casabella do C. N. Ponteareas acadaou o posto 11 (segunda española) en 5 Km infantil.

Ane de la Fuente Fiaño do C. N. Liceo acadou o posto 11 (segunda española) en 7,5 Km júnior.

Ler máis.

Daniela Suárez e Luisa Ojea, medallas no Cto. España de Natación Artística Alevín-Júinior de Verán

20180714_art_daniela_e_luisa

Daniela Suárez Fernández do C Galaico Sincro foi primeira en figuras alevín (ano 2008).

Luisa Ojea Vázquez do C Sincro Ourense, foi segunda en figuras alevín (ano 2007).

Na modalidade de equipo técnico de categoría júnior, o C Sincro Ourense acadou o sexto posto.

Acceso á web do campoionato.

Xornada 2 do Cto. España Absoluto e Júnior de Verán

Resultados máis destacados da segunda xornada do Campionato de España de Natación Absoluto e Júnior de Verán que se está a celebrar en Mairena del Aljarafe (Sevilla) do 11ao 15 de xullo de 2018:

Na categoría absoluta:

Sergio Campos Varela do CN Coruña foi noveno en 50 libre con 23.73.

Alba Gómez Mesías do CN Arteixo, acadou o posto 11 en 400 estilos con 5:04.87.

Na categoría júnior:

Marco Guiotto Sánchez do C del Mar foi cuarto en 400 estilos (17 anos) con 4:36.49.

Marcos García Garay do C del Mar, foi oitavo en 400 estilos (17 anos) con 4:36.89 en eliminatorias.

Xabier Carneiro Viqueira do C del Mar foi sexto en 400 estilos (18 anos) con 4:36.89.

Alexandre Armstrong Posada foi cuarto en 100 costas (17 anos) con 59.28.

Raúl Segade Mariño do CN Arzúa foi quinto en 100 costas (18 anos) con 59.59.

O equipo de remudas 4x200 libre masculino do CN Pabellón Ourense acadou o posto 12 con 8:20.36.

Acceso á web do campionato.